Publicidad:
Terra
La Coctelera

O Panorama Editorial Galego

O sector editorial galego mira cara o futuro con optimismo. Aínda que hai editores que non deixan de dicir que o seu gremio está en crise, as cifras non revelan o mesmo. Os editores galegos son pesimistas á hora de falar pero á hora de actuar seguen a ser optimistas e cada vez a oferta de títulos aumenta co obxetivo tamén de gañar lectores.

Antes de reflexionar sobre o panorama editorial galego deberíamos ter en conta a situación da poboación galega respecto ó índice de lectura. A metade dos galegos afirman que non len un libro nunca ou case nunca, polo que o índice de lectura en Galicia encóntrase no último lugar de España. Este sería un dos grandes problemas para o sector editorial, xunto coa pouca consideración que se ten da literatura galega. Aínda que algo que se podería destacar para ben é que unha enquisa da Federación de Gremios de editores en España puxo de manifesto que o número de lectores en galego aumentou nos últimos anos, un 8% desde o ano 2001 ata o ano 2004. Éste sería o contexto no que se desenvolve o sector editorial en Galicia.

Os índices de edición aumentaron desde a década dos 90 ata a actualidade, de feito, entre 1991 e 2003, a edición de libros en lingua galega medrou un 206%. Cada vez son máis os títulos en galego, pero cunhas tiradas que disminúen. No ano 2006 as editoriais galegas sacaron ó mercado máis de 2000 obras, das que máis da metade eran en galego, polo que se pode afirmar que no referente a número de títulos o panorama editorial galego segue unha tendencia ascendente, xa que no ano 2006 superaba as 2000 obras publicadas nese ano, fronte as 900 que se sacaran ó mercado editorial no ano 1992. Estos datos aislados parecen ser un éxito, pero tamén hai que destacar que a producción editorial en galego só representa un 2,3% da totalidade de producción española, mentres que por exemplo a catalana representa un 15%.

Este aumento no número de títulos permite que na actualidade, se poida contar cun catálogo histórico que rolda os 20000 títulos e un catálogo vivo que supera as 7000 obras.

No referente á tirada de exemplares, hai que resaltar que diminúe cada ano, segue unha tendencia oposta ó crecemento no número de títulos publicados. Na actualidade, a tirada media dunha obra en galego encóntrase entre mil e mil douscentos exemplares, mentres que a comezos dos 2000 superaba os 2000 exemplares. A causa desta diminución na tirada pode ser o aumento da oferta e a tendencia cara á especialización, en búsqueda dunha mellora da calidade tanto no deseño como na redacción.

Outro aspecto a ter en conta á hora de analizar ó panorama editorial galego é o nivel de vendas. Algún dos datos máis significativos é que de todos os libros que se venden en Galicia, só en torno o 18% son en galego, pero tamén hai que destacar que esta cifra é moi estable, polo que se podería estar falando dun público que aínda que non é moi numeroso ten a vantaxe de que é fiel.

Estas vendas supoñen unha facturación que vai en aumento, que desde o ano 2003 ata o 2005 incrementouse en 6 millóns de euros, pasando de 16 millóns de euros no 2003 a 22 millóns no 2005. Hai que destacar que da facturación total das editoriais galegas, case o 80% do facturado pertence ó libro galego; unha cifra que aumenta se se fala do libro infantil, xuvenil, de texto e dos diccionarios e enciclopedias.

Outra das características do sector editorial galego é que a gran maioría das empresas que o compoñen son pequenas entidades que buscan engrandecer a cultura galega sen perder cartos á hora de editar.

Este sector mira cara adiante cun optimismo non expreso, porque a pesar de que a edición non decae, non cabe dúbida de que as editoriais galegas encóntranse con abundantes problemas como o citado anteriormente, o baixo índice de lectura en Galicia ou outros como a dificultade de penetrar no mercado español, no que todavía se traduce máis de outros idiomas como o inglés ou o fránces que das lenguas peninsulares e no que só coñecen a un pequeno grupo de autores galegos.


¿Preferimos el cine norteamericano o el cine español?

Los datos más recientes de los estrenos cinematográficos en España que puedan ser analizados son los datos del año 2005.

¿Sabíais que el cine norteamericano recauda aquí en España más que el cine español?

En el año 2005, en España las 5 películas norteamericanas que mejor taquilla hicieron en nuestros cines, recaudaron alrededor de 76 millones de euros, mientras que las 5 películas españolas que más recaudaron tan solo hicieron en taquilla 45 millones de euros aproximadamente.

Esto provoca que los exhibidores españoles muchas veces elijan poner en sus pantallas películas norteamericanas antes que películas españolas, a pesar de estar obligados a poner una película española cada tres norteamericanas que pongan en sus pantallas; es probablemente por eso por lo que podemos ver pelis españolas en el cine, porque sino muchas de esas pelis que no se hablan de ellas, esas que casi ni te suenan, no las pdríamos ver, y auún así, muchos exhibidores que compran las películas, las declaran a Hacienda, para que conste que cumplen lo de poner una película española cada tres norteamericanas y luego no las ponen en pantalla. Por lo que el cine norteamericano parece ser que nos gusta más.